4 febrero 2019

Juzz e Dagda



juzz
dagda

Sábado 9 de febreiro ás 20.30

Noite fermosa e de contrastes con dous proxectos frescos e vibrantes da terra.

JUZZ é o penúltimo proxecto de Virxilio Da Silva, recoñecido guitarrista galego de formación jazzística, ó que se suman Rosolino Marinello (saxo tenor), Alex Salgueiro (Órgano Hammond), Xan Campos (Rhodes), Felix Barth (bajo eléctrico), e Iago Fernández (batería).
Xuntos andan na procura dun son libre e psicodélico, afiando as puntas máis incisivas do rock de índole setenteira, agora lisérxico, agora contundente.

https://juzzmusic.bandcamp.com/releases

En DADGA os violíns e voces de Claudia, Marina e María sumados á guitarra de Hugo nos propoñen unha viaxe a través dun orgánico folk acústico con mistura de raíces propias e lonxanas de tempos presentes e pretéritos.

https://dadga.bandcamp.com/releases

Donativo entre 5 e 10 € destinado íntegramente para as bandas. Coma sempre haberá cea rica e barata, ademáis da lareira para arrimarse!