Venres 7 de febreiro ás 20.30
¡Vaia vaia! A cicloxénese explosiva non é nada comparado co que se nos ven enrriba este venres.
Por un lado temos a visita de Khmer, grupazo con base en Madrid e cunha formación de luxo con membros de bandas como Ictus, El Ego, Another Kind of Death ou os nosos queridos Desert Icons. Virán descargar toda a furia que traen consigo no seu recente split coa banda xaponesa After Forever. Crust directo ás entrañas e que che vai cambiar a vida.
http://khmer.bandcamp.com/
Polo outro tamén estarán con nós Viven. Con moitos clásicos da escena nas súas ringleiras, os de Vigo/A Guarda están sobradamente preparados para repartir cera no Liceo Mutante. A súa música é rápida, potente e como un globo estoupándote na cara. Harcore punk na liña de bandas como Minor Threat ou E-150.
http://www.youtube.com/watch?v=JMaMmBhwE4U
Xa non tes excusa para quedar na casa a ver “Hermano Mayor”. Pasa de Pedro García Aguado e, por só 5 euriños de donativo para as bandas (Gratis se eres socio de pago), disfrutarás dunha noite más digna, xusta e con menos parentes enfadados.
¡Non esquezas o teu carnet na casa!