Venres 15 ás 20.30
Veñen, por fin, os Kiev cuando nieva, artesáns do pop espacioso, simple e perfecto con base en Huesca e proxección universal. É unha honra contar con eles. Os dos westerns cotidianos. Os de ir á vendimia co banjo e o mellotron. Os das cores brancas e beige. Eles e a súa música que nos rega as prantas en verán. Ai.
http://kievcuandonieva.bandcamp.com/
https://www.youtube.com/watch?v=gNC2iAejPi0
E con eles estarán Los Collares de Perlas. Xentiña do Liceo (e de Djalminha, Unicornibot e Cuchillo de Fuego) que amenizarán a espera con cancións que caen por escaleiras cheas de reverb e logo quedan un anaco nun descanso 50s e logo volven caer, con intensidade.
Todo por 5€ que irán íntegros a unha cataplasma que se lle aplicará aos grupos nas feridas propias de viaxar para tocar en sitios a moitos kilómetros da casa.