21 octubre 2015

King Cabra + Milhomes



milhomes

Sábado 17 de Outubro, cita obrigada no Liceo!

KING CABRA veñen dende aquí! Coñecidos en tódolos bares da cidade con ambiente rockeiro, van converter o Liceo en lodo. Rock con alma punk feito tan só cunha guitarra e unha batería. Dous kamikazes do rock que virán a levarnos a vida cos temas do seu primeiro EP «KISS OF DEATH ISSUE Nº1».

Escoita: http://kingcabra.bandcamp.com/releases
Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=BkDV97rp6cc

MILHOMES son só dous homiños. Levan ligados á música dende fan moito e xa saben como facerte mover as orellas. Black metal e sludge, que acople, que tire con forza. Camiña, XA! Case teñen acento portugués e gustan dos sons de Red Fang e dos rituais satánicos.

Escoita: https://milhomes.bandcamp.com/
Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=ty319eAVR3A

Abrimos portas ás 20:00h e haberá comida e bebida, o de sempre, vamos. Tan só por 4€ de risa que irán íntegros para as bandas!