O sábado 7 ás 20:30 imos chorar, pero de alegría! Non podíamos estar máis felices de ter a Kiran Leonard e a Corbi xuntos!
Kiran Leonard, mítico xoven ultraprolífico nado en Saddleworth (UK), multiinstrumentista con xa 16 traballos publicados (2009-2018), comezando cunha serie de traballos experimentais (The End Times…), pasando polo incrible “Grapefruit” (Moshi Moshi Records) cheo de enerxía, percusións libres que poden recordar ao math de Don Caballero ou Storm & Stress, cambios de sentimento constantes nas cancións, impredicibles…chegando ata o “A Bit of Violence With These Old Engines”, editado por Boira Disc, unha serie de cancións en directo máis gravacións caseiras, só coa guitarra e a voz, podemos escoitar unha das súas versións máis íntimas. E finalmente chegamos ata o seu último “Western Culture” (2018, Moshi Moshi Records), unha volta a traballos como o “Grapefruit”, directo, maxia pura.
Pero é importante recalcar o seu traballo lírico, Kiran Leonard xoga coa voz, habita a vida doutros persoaxes, casa experiencias marxinadas con forzas estructurais, lévanos á armonía do coro e fai uso literario da súa formación…fálanos da triste decadencia dun home que perde o seu traballo e loita por pedir axuda (“Working People”) coa mesma destreza utilizada para abordar unha conferencia dictada por un abogado de dereitos humans (“Exactitude and Science”).
Escoita, levita!:
https://kiranleonard.bandcamp.com/album/western-culture#
https://kiranleonard.bandcamp.com/album/a-bit-of-violence-with-these-old-engines
Corbi, mítico melancólico pontevedrés rapado a maquinilla eléctrica, militou/milita noutros proxectos como Columna Vegana, Carne Blanca, Matadero ou Montclair. El só, guitarra española, o berro intanxible, o fluxo constante de melodías, a canción deconstruída, cancións dentro doutras cancións, cancións que falan do íntimo, dos xestos imperceptibles, das accións cotiás, de todo aquelo que amosa inmensa beleza pero que non nos percatamos no día a día.
Nós xa o coñecemos ben, e cada vez que vémolo tocar quedamos abraiadas, sempre cambiante, sempre o xogo, sempre historias.
Escoita que ten unhas cancións preciosas!:
Todo isto, e a beleza de sentir o común, por un donativo de entre 5 e 10 euros, íntegro para que os artistas poidan seguir facendo desde mundo roto un mundo máis bonito. Ven conversar, ven desfrutar, ven facer resistencia, en Rosalía De Castro nº100.