Venres 13 de abril ás 20.30
Vaia noite coleguis!!
Temos unha noite de intensidade e aventuras, de música alucinante e alucinada, vida de Francia e Rusia.
O francés Klaus Legal vén por terceira vez ao Liceo a despregar o seu arsenal de cacharros electrónicos e voces deformes . Empregando controladores, luces e sintetizadores fotosensibles, produce ritmos e ondas de son. Entón, estes sons son modulados a través de diferentes efectos co obxectivo de conseguir un tipo diferente de paisaxe sonora. Ás veces definido coma techno cegador, power-electronics non apta para epilépticos ou música industrial para os ollos e os oídos, Klaus Legal está fortemente influenciado por Esplendor Geométrico, Pan Sonic, Sudden Infant e a música electroacústica, empregando a luz como a súa principal ferramenta.
Cun show que camiña entre a electrónica e a preformance faranos menear as cadeiras por fóra e a cachola por dentro.
Dende Moscova vén Mikhail Mineral , os seus dedos móvense rápido pero facilmente ao longo do saxofón, a súa voz apenas se desliza, loitando cos resonadores do corpo, tratando de espremer o limón da imposibilidade mentres que diferentes cacharros electrónicos fan das súas
Mikhail tómache da man e guíache a través de toda a diversidade do universo interno e externo, del e dela, aquí, alá e en todas partes.
Noite única por unha axudiña entre 5 e 8 € para os músicos viaxeiros