11 octubre 2016

KLS e Teletexto



a-kls

Sábado 15 de outubro ás 20.30
Dúas referencias do ruideo de Valencia visítannos no que será un marabilloso sábado de lóstregos e meneo de tímpanos no Liceo Mutante!

KLS (Benicarló) inspíranse nas vivencias dunha metralleta que se dispara soa dentro dun contenedor de metal que descende facendo trompos por un barranco mentras unha chea de criaturas gritan ó seu paso. Zapatilla demencial e dinámicas elásticas ata case o mesmo infinito que expanden os límites do extremo na onda de The Locust, Melt Banana ou casquería Slap-A-Ham coma Man Is the Bastard ou Crossed Out.

https://www.facebook.com/klspeim
https://klspeim.bandcamp.com/

Teletexto (Xirivella) son bastante máis atractivos a todos os niveis que o aborrecible tío abuelo do internet co que comparten nome. O dúo reparte contundencia e melodías no centro dun tornado de noise, post-hardcore e moito guitarreo noventero.

https://www.facebook.com/Teletexto
https://teletexto.bandcamp.com/

Cómo te quedah? Por un donativo de 5 euriños vente a pasalo guai e quedar peiteado patrás para unha semana!

Guardar