25 octubre 2021

[Cancelado] Kokoshca



ko
[CANCELADO]

Logo da emisión por parte do Concello de Pontevedra dunha orde de cese de actividade na propiedade onde ten a súa sede o Liceo Mutante (propiciada por unha serie de denuncias dun particular sobre a situación catastral do inmoble), vémonos na obriga de volver suspender temporalmente a actividade e dedicarlle toda a nosa enerxía a traballar para poder voltar tan pronto como sexa posible.

Sábado 30 de outubro ás 20.30

Ai, por favor! Por fin! Chegou o día!
Un concertiño como dios manda, coa xentiña de pé, rodeando o grupo e movendo a cinturiña.
Xs encargadxs de facernos bailar serán nada menos que Kokoshca, que van andar por Gallaecia presentando o seu último disco e descargarán en Mollabao o seu pop centelleante, máis xoguetón e optimista que nunca.
Dios, como vai molar!!
https://musica.kokoshca.com/album/kokoshca

Voltamos ó sistema prepandémico de entradas: na porta antes do concerto por orde de chegada e sen reservas previas.
Entrada: a vontade entre 5 e 10€ (donativo destinado integramente para xs artistas)
Apertura de portas: 20.30
Concerto: 21.00
Prégase ás persoas asistentes que manteñan unha actitude respetuosa e colaborativa co obxectivo de seguir facendo do Liceo Mutante un espazo libre e seguro.
(Foto de Kokoshca por Elisa Fernández)