8 julio 2019

Kokoshca



kokoshca

Venres 12 de xullo ás 20.30

O ente chegado dende Navarra e coñecido coma Kokoshca comezou a súa existencia en 2008 facendo CD-R’s e xirando polos circuitos máis subterráneos e agora mesmo son unha das referencias da escea independiente do estado. O seu asalto salvaxe de eclecticismo permite a convivencia do derrame punk con pseudobaladas expansivas, devorando influencias sen problema e con descaro, pasando do pop progresivo ó folk rock, con trallazos de punk e actitude.

https://kokoshca.bandcamp.com/

Home