21 marzo 2012

Kyoto + Clover no Liceo Mutante



Xoves 22 ás 21:00, 4 €

KYOTO visitan Galicia por primeira vez. Son unha banda que se move en estilos varios como o post-rock, shoegaze, experimentación…
Este trío de baixo, teclados, batería e suxestiva voz feminina, comeza en Zaragoza a finais de 2006. Tras a gravación de dous EPs e un LP «Lo que vuelve para vengarse» con Hans Krüger» en estudios Montreal, veñen a presentar o 7″ Split compartido con Fractal Sound. Lanzamento discográfico autoeditado entre as dúas bandas.

CLOVER defínense como «un proxecto musical afincado en Vigo, cuxas fronteiras están menos que pouco definidas… » aínda que podemos dicir que son enerxía pura, baseándose no ruído controlado (por momentos) das guitarras.
http://allclovers.bandcamp.com/