Sábado 10 de marzo ás 20.30: La Casa Fantom + Salvaje
Este sábado 10 de marzo no Liceo Mutante:
La Casa Fantom son:
Dous rapaces que veñen dende un bosque preto de Oslo.
Traen os seus amplis feitos por eles mesmos artesanalmente, xeralmente postos ó 11.
Un dúo de baixo e batería, levando a intensidade por bandeira transitan por un camiño sempre escuro asolagado de crust, punk, doom ou o black metal.
Nos doce anos que levan tocando xuntos deron preto de 700 concertos en máis de trinta países, editaron seis elepés e sete epés. Xa nos visitaron fai uns anos e quedamos con un lifting facial e mental moi interesante, non os perdas!
https://lacasafantom.bandcamp.com/
http://www.lacasafantom.com/
Salvaje son un trío con xente de Rojo Dos que saúda dende Abelgrado-Olivic City-Vigo qué fermoso eres-Khanato de Caballero e traen un batiburrillo de post hardcore punk difícil de clasificar pero sinxelo de disfrutar.
https://salvajebanda.bandcamp.com/album/salvaje
Coma sempre, donativo optativo entre 5 e 8 € para colaborar coas bandas, haberá comidiña vegan e ambientasso, acudide en masa!
20.30 portas, 21.00 comezo dos concertos.