Domingo 7 de decembro
VAIA NOITE VEN AÍ! AGÁRRENSE “WEIS”!
Triplo combo mortal para esta noite de domingo véspera de festivo!
Non tes opción válida para perder isto:
LA CIENCIA:
Antigamente coñecidos como “Science is made up of mistakes”, estes coruñeses afincados en Madrid decidiron tirar por un nome máis curto para aforrar en tinta. Sen embargo, seguen a cumprir expectativas e gañar trofeos na vida. A súa única referencia (“The backbone of the night”, 2014) vai levalos a tocar a un dos festivais máis importantes de screamo de Europa, o “(We Built The World And) Miss The Stars Fest II” con xente como The Tidal Sleep ou os nosos coñecidos RAINMAKER.
Aquí o son: http://scienceisband.bandcamp.com/
Aquí o vídeo: http://youtu.be/fEoAMjqeVPo
HURRICÄDE:
“Screamo mai fren”! Xa facía tempo que non tiñamos algo así por aquí. Este trío está a colleitar grandes críticas do seu último disco “Anachronisms” (Caleiah, 2014), gravado e masterizado nos estudos Ultramarinos. Unha bomba de reloxería a punto de tirar todo abaixo que poñen de manifesto cun directo con moita forza.
O disco aquí: https://hurricade.bandcamp.com/
Un vídeo tope guapo: https://www.youtube.com/watch?v=YxHEVjZD7eU
WANN:
Dende Barcelona, un dúo que está indo cada vez máis alto. Ernest á batería e Daniel á guitarra fan da nova onda de emo noventeiro unha realidade. Presentarán o seu disco Rubicone, gravado en La Caterva (Gran Canaria) e masterizado en Chicago por Carl Saff en Staff Mastering. Moi recomendables estes rapaces!
Escóitaos aquí: https://wann.bandcamp.com/album/rubicone
Un directo no TRPS: https://www.youtube.com/watch?v=26dXM4wIIL4
Todo isto por 6€ destinados totalmente ós músicos, prezo de risa sabendo que veñen dende tan lonxe. Haberá comida e bebida para o gozo do persoal ós prezos de sempre.
Apertura de portas: 20:00h
Comezo dos concertos: 20:30h (Moi puntuais, hai 3 bandas e temos que acabar a tempo)