8 julio 2019

La PLata + Frank?



laplata

Sábado 6 de xullo ás 20.30

» Cómo se comporta a luz na completa escuridade?
Cómo se pode viaxar á velocidade da luz na completa escuridade? »

La Plata veñen dende Valencia e andan a procura da canción perfecta. Melodías brillantes e unha potencia rítmica incansable mentres a pantasma de Johnny Marr abrázase con sintetizadores de alta carga nostálxica pero que non rebaixan a frescura dos hitazos que viven no seu repertorio.

Un single, un ep e un disco foron bastaron para consolidar unha proposta de pop con nervio punk, de ecos novaoleiros e oitentas, de branco sobre negro e lúas cheas.

https://sonidomuchacho.bandcamp.com/album/sm043-desorden

Frank é un rapaz pontevedrés que se move na incerteza, na incoherencia política, na búsca do ben e do mal. El é coma ti, só sabe 4 acordes de guitarra, pero anda cheo de dúbidas e de rabia, tratando de atopar o seu lugar no mundo e o da xente que se ve todos os días nun espello sen fondo…xoga coma un crío no seu cuarto de xoguetes, comete erros e pregúntase, ¿son isto? ¿Son Frank?
Escoita!:
https://frankinterrogante.bandcamp.com/releases