5 agosto 2019

La Urss e Cuchillo de Fuego



cuch

Venres 9 de agosto ás 20.30: La Urss e Cuchillo de Fuego

Tovarisch! Volve a URSS. E non a unión de repúblicas socialistas blablabla e patria de Zangief, senón La URSS, a que chega dende a Andalucía maldita, a do punk que fai tremer o chan alá por onde pisan, a o exército vermello de temazos sólidos coma un T-34, pirotécnicos coma un lanzamento de cohetes Katyusha e disfrutables coma o carnaval en Sebastopol. Último concerto en Europa antes de marchar de xira por Norteamérica.

https://laurssmaldita.bandcamp.com/

Cuchillo de Fuego xa sabes a qué andan: Juanes dicindo verdades entre cacharrazos de angulosas guitarras, baixos insectoides e baterías en modo avión. Moito ji-ji e bastante ja-ja-já.

https://cuchillodefuego.bandcamp.com/

Portas ás 20.00
Cuchillo ás 20.30
La Urss 21.30

Reservas en anticipadas.liceomutante@gmail.com