Sábado 10 de outubro dende ás 14.00
O Liceo Mutante ten o pracer anunciar que en poucos días acollerá unha edición do Ladyfest (a primeira que se convoca en Galicia) que xurde empurrada pola forza de distintas persoas que, formando parte do noso e/ou outros colectivos, dálle vida unha vez máis a esta festa de entidade propia.
Aínda que polo nome pódese imaxinar por onde van os tiros, non todo o mundo sabe de que vai iso do Ladyfest, o que entendemos baixo ese nome. A denominación Ladyfest empregouse por primeira vez nun evento que tivo lugar en Olympia (EEUU) no ano 2000.
Este festival incluía obradoiros, postos, charlas e concertos, dende entón erixiuse como unha expresión, posta en común, celebración, reivindicación, e visibilización da obra, papel e problemáticas específicas daquelas mulleres que se senten parte dun determinado circuíto cultural e artístico, así como unha chamada de atención ao xeito no que o heteropatriarcado e as cuestións de xénero afectan a todxs.
Ladyfest é un festival feminista organizado baixo os criterios da autoxestión e a filosfía do faino ti mesma. Todos os Ladyfests nacen cun obexctivo claro: combater as expresións sexistas, homófobas, xenófobas e clasistas presentes en todos os niveis da sociedade, así como plantexar alternativas ás grandes industrias culturais a ao propio capitalismo.
Dende esa primeira edición no ano 2000 baixo a mesma denominación celebráronse máis de cen edicións en todo o mundo. Cada unha presenta os contidos e orientación que a súa organización particular decide darlle, sendo a diversidade en plantexamentos unha das súas características. A pesar de esta diversidade, o paraugas común que une a todos os Ladyfest é esta vontade de visualizar e reflexionar sobre o papel da muller e os nosos roles dentro desta comunidade na que desenvolvemos as nosas actividades, lecer, arte, e demais intercambios emocionais e intelectuais.
HORARIO E PROGRAMA
– 14:00: Apertura de portas. Sesión vermút e xantar (incluindo opcións vexetarianas e veganas!). Postos de autoedición, arte e artesanías, e unha DJ amenizando.
– Dende as 14 e ata ás 16, se es fanzinera, podes animarte a pasar pola mesa de minientrevistas para o vídeo sobre esta disciplina que imos montar!
– 16:00: Obradoiro: creación dun fanzine colectivo para plasmar un día como este para a posteridade!
– 17:00: Obradoiro: cadáver exquisito con Maritxu de Uterzine. Mulleres e punk.
-18:00: Mesa Redonda con mozas participantes en colectivos artístico-culturais galegos. Haberá xente de Seara Records (Vigo), Mojo (Compostela), Liceo Mutante (Pontevedra), Mostra da Barbarie (Cangas), etc.
– 19:30 Concertos: GLITCHIRL (Santiago) é o debut de Alicia Aix co seu proxecto de electrónica enloquecida e pasada de rosca. As madrileñas WANDA Y LA MUJER PANTERA menearán as nosas cadeiras con ritmos inmortais e atemporais. E o dúo BALA presentaranos o seu primer LP Human Flesh.
– E despois bailaremos ata o peche coas DJs Lúa e Rani
A ENTRADA AO EVENTO É LIBRE AO LONGO DO DÍA, MAIS PEDIRASE UN DONATIVO DE 6 OUROS PARA OS CONCERTOS, QUE SE DESTINARÁN INTEGRAMENTE ÁS BANDAS.
VEN PARTICIPAR CON TODXS NÓS DESTE EVENTO HISTÓRICO! POR TÍ, POR MIN, E POR TODXS XS COMPAÑEIRXS!