16 abril 2018

Lamprea Explosiva + Mut



alamprea

Sabado 21 de abril ás 20.30: Lamprea Explosiva + Mut

O Liceo Mutante vai saltar polos aires o sábado 21 de abril e queremos que te pille dentro. Dende Vigo suben á capital aproveitando os fangos que deixaron os temporais dous proxectos que queren que non quede en pé nin a palmeira, vai flipar o picudo.

LAMPREA EXPLOSIVA
Alén e Adán. Guitarra e batería. Punk primitivo. Letras afiadas coma as súas cinco ringleiras de dentes. Son dúas dementes cósmicas.
https://lampreaexplosiva.bandcamp.com/

MUT
Ai, mamá. Semella que por se era pouco coa lamprea chamaron aos reforzos e deron nun proxecto máis mutante ca nós. Hardcore desenfrenado. Acuéstate y suda.

https://mutantmut.bandcamp.com/releases

Toda a gala por un módico donativo de entre 5 e 8 euros, íntegro para as bandas. Haberá cea vegana. Igual tamén algunha rata.