2 agosto 2019

Las Bucles presentan “Brujería Improvisada”



buc

Venres 2 de agosto ás 20.30

Queres botar unhas risas e non sabes como?
Non atopas nada en Youtube que consiga arrincarche unha gargallada?
Amiga, deixa de buscar chistes en Google e pásate polo Liceo Mutante o venres 2 de agosto, porque as Bucles volverán a por en funcionamento o teu órgano do humor a través dunha sanísima terapia de comedia improvisada.
Las bucles son unha compañía de novas actrices que comezan o seu paso polos escenarios este mesmo ano co seu primer espectáculo, ‘Wicca’, que persigue un contacto directo e chispeante entre público e artistas. Interacción constante, un torrente de pensamento, broma tras broma tras broma, hilarante nonstop.
Agora estas gladiadoras do chiste presentan o seu novo show, ‘Brujería improvisada’, que tras pasar por Santiago e Ourense mergulla ó Liceo nun misterioso cabaret de meigas gobernado pola súa madama, pero ata aquí a descripción, coidado cos spoilers.
Como é habitual, o Liceo abre as súas portas ás 20:00 e o espectáculo comezará ás 21:00. Como é habitual tamén, o donativo é a elexir entre 5 e 10 euros e vai destinado integramente ás artistas.
Vémonos alí!

https://www.facebook.com/lasbucles/

https://www.instagram.com/las_bucles_impro/