24 agosto 2016

Las Cruces + Meus



las cruces

Sábado 27 de agosto ás 20.30: Las Cruces + Meus

Veñen Las Cruces desde Madrid a tocar rock progresivo virtuoso e ultratécnico… QUE NON, QUE É BROMA: Sábado de Punk warro no Liceo. Fresquísima banda con compoñentes dos colosos do punk subnormal Webeloss e sangue novo con extra de morro, cara, jeta e demáis desglose facial. Presentan disco e prometen oscuridade ardente e esgarros españois post-movida por doquier.

https://lascrucespunk.bandcamp.com/album/colmena

E con elas tocarán MEUS, froito Vigocoruñés da nosa mesmísima horta. Noisepunk psicodélico e afroitado do dúo máis pavero da escena. Peñita de Los Locos Hongos e Terremoto Sí administrando hits docísimos pero embadurnados en distorsión. Imposíbel non amalos.

https://m.facebook.com/Meus-1503081699994188/

E todo isto por 5€ que lles poremos ás bandas nunha cataplasma nas feridas post-concerto.

Vinde, que o verán no Liceo non é eterno e logo piades.

Guardar