Xoves 23 ás 20.00
Achégase outra noite de jarana loca no Liceo con visita francesa.
Desta volta chegan até ao noso curruncho dúas bandas de poderosa música instrumental facendo parada e fonda dentro da súa xira peninsular.
Por unha banda, dende Limoges veñen Uns cargados dun post-hardcore potente e ruidoso.
Bótalle un oído: http://noussommesuns.bandcamp.com/
Pola outra, dende Tulle chegan LD.Kharst para descacharrar o seu post-punkrockmetal espacial
http://ldkharst.bandcamp.com/
Para ver o contoneo: https://www.youtube.com/watch?v=iBb-VvXa5Hs
Todo isto por só unha axuda de 5 lereles para que as bandas poidan continuar o seu camiño sen ter que doar un ril.
