14 mayo 2018

Le Singe Blanc



singe_blanc_05_2018_0e88e

Luns 14 de maio ás 20.30

Chegou o día!!!!

Aos poucos meses de abrir o Liceo viñeron uns rapaces franceses, de Metz, tímidos pero dicididamente simpáticos. Era un frío martes de xaneiro, un día difícil, pero a súa alucinante música animounos a probar sorte e organizar o concerto. O que pasou no Liceo ese día, quedou gravado na memoria de todos os presentes.

Le Singe Blanc puxéronnos boca a baixo, co de dentro para fóra, a bailar coma toliños e os sorrisos duraron meses. A súa música, enérxica e orixinal converteu un frío martes de xaneiro no máis salvaxe e divertido dos caloriños.

As fermosas fotos de Fan, dan boa testemuña: https://www.flickr.com/photos/davenirvana/albums/72157629024359691

Dous baixos que trotan , unha batería que rompe todos os ritmos e dúas voces alucinadas son os ingredientes do cócktail, pero non o imaxinas ata que o ves. Post punk arriscado de alta octanaxe rítmica e orixinalidade a proba de bombas.
Bótalle caldo:
https://lesingeblanc.bandcamp.com/album/le-singe-blanc

Vén, colabora cos músicos cunha axuda entre 5 e 8 € para que o podan seguir facendo isto!