25 marzo 2014

Les Spritz + Klaus Legal



les spritz
klauslegal

Martes 25 de marzo ás 20.30

Este martes ten toda pinta de ser unha noite ben especial desas que tanto nos gustan no Liceo. Para que isto ocorra contamos cunha fermosa visita: Les Spritz e Klaus Legal

Les Spritz son un trío siciliano que non para de xirar por Europa adiante dándolle ao math-punk e ao noise rock como se non houbese mañá. Sempre tocando ao límite, dándolle á música unha forma ruidosa, contundente e discordante que lembra a bandas coma Arab on Radar, Melt Banana, Don Vito ou aos nosos amigos comúns de Le Singe Blanc, nun directo crebacabezas e demoledor.

http://lesspritz.wordpress.com/bla-bla-bla/

http://lesspritzz.bandcamp.com/album/sboora

http://www.youtube.com/watch?v=Rmeu6d0z0MY

Klaus Legal vén de Amiens e ten un directo inclasificable, a medio camiño entre a performance e a electrónica que fai menear a cachola por dentro e as cadeiras por fóra.
As súa retorcida voz sitúao nun lugar non moi afastado dos enormes Residents.
Ademais dedícalle unha canción a Denis Lavant!

http://klauslegal.bandcamp.com/

http://klauslegalsaysno.blogspot.cz/

A entrada a este sarao irrepetible só custará 5 euros
Non quedes na casa!