17 abril 2012

LeTemple Solaire + Jubilé + Golden Cup no Liceo!



Se atormenta una vecina!
O xoves vai descargar unha tormenta de dimensións épicas no Liceo, nunha noite que será recordada durante anos.
Dous grupazos franceses e un italiano residente en Porto van poñer o Liceo patas arriba.

Abrirá a velada Golden Cup, proxecto en solit…ario de Luca Massolin, unha figura activa das novas xeracións da música italiana e agora residente en Portugal. Parte integrante de Golden Jooklo Age
(www.troglosound.altervista.org/goldenjookloage.htm) e do colectivo de improvisación Neokarma Jooklo Experience (www.troglosound.altervista.org/neokarma.htm). Ademais de colaborador de xente como Michel Henritzi, Rinji Fukuoka, Virginia Genta, Roberto Mallo ou XEDH, entre moitos outros.
Neste proxecto os instrumentos empregados son cordas (guitarra, baixo, mandolina), voz e electrónica analóxica.
É ademais a persoa que está detrás do selo 8mm records.


http://8mmrecs.com/goldencup.htm

Jubilé son un dúo francés de guitarra, batería e voces cun son que lembra ás grandes bandas da época dourada do noise rock como Melt Banana e os grupos de Skingraft Records e ten o outro pé no son de bandas como Shellac e os grupos de Touch and Go.
Teñen un directo explosivo e enérxico
http://www.myspace.com/jubil
http://www.boomboomrikordz.fr/groupes/4

Le Temple Solaire son unha apisonadora sonora, un power trío de son demoledor. Á formación habitual de guitarra, baixo e batería engándelles outros intrumentos como osciladores, bombarda ou frautas.
Influenciados tanto pola psicodelia xaponesa (Les Rallizes Dénudés) a música experimental ou os mellores Black Sabbath, conseguen crear algo que por aí foi descrito como un combate a morte entre os Melvins e Neu!
http://flavors.me/templesolaire#_

Toda esta jarana por só 4 euros (coma sempre no Liceo, destinados integramente a cubrir os gastos as bandas) e os nosos habituais prezos populares.

Unha noite para non perder