26 noviembre 2018

Lethe, Ópera Bufa Acusmática



lethe

Mércores 28 de novembro ás 20.30

Estamos moi contentas de acoller no Liceo o novo proxecto do sociólogo, artista e músico polaco Michal Libera: Lethte, nin máis menos que unha ópera bufa acusmática en torno á cidade de Nápoles.

Lethe é unha ópera acusmática formada por gravacións realizadas na cidade de Nápoles, ás veces acompañadas pola música de Luciano Cilio compositor local de corta vida.
Nápoles é o lugar onde naceu a ópera bufa a inicios do século XVIII, favorencendo os dialectos sobre a lingua oficial, os heroes mundanos sobre os deuses e os mitos, as voces reais sobre o canto operístico. Todas estas características aínda constitúen o ambiente da cidade, que parece ser unna ópera en sí mesma. Estar en Nápoles significa estar rodeado de recitais e arias ou máis ben por unha mezcla única de ambos. O dialecto local co seu fraseo e entonación convirte as pelexas a as chamadas públicas cotiás en xestos musicais. Apuntan directamente ao corazón mesmo dunha ópera, unha paisaxe de personaxes, como expresou Robert Ashley.
O marco conceptual e estrutural de Lethe provén da topografía do purgatorio. A miúdo representábase como unha montaña submarina que xurdía do mar directamente ao ceo. Non é de extrañar que os Campos Flegreos, a terra na que se atopa a cidade de Nápoles, fosen considerados durante moito tempo o lugar do purgatorio. Dacordo coas crenzas locais, este sería un estado transitorio. Todo o contrario: as almas das persoas anónimas mortas permanecen alí para se converter en comerciantes cos vivos. Quizás este comercio explica por que tantas das chamadas lanzadas ao aire permanecen alí, sen resposta. Ou tal vez son respondidas pero de maneira inaudible.

Michal Libera é un sociólogo traballando no campo do son e a música dende 2003. Escritor, produtor de ensaios sonoros, e formas experimentais de arte radiofónica e ópera que o levaron a traballar con Pete Simonelli (Enablers), Martin Küchen, Hilary Jeffery, Rinus van Alebeek ou Apartment House.
Libera está tamén detrás so selo pop conceptual Populista
Vive entre Nápoles e Varsovia.

Coma sempre, pediremos unha axuda entre 5 e 10 € destinada integramente a cubrir os gastos dos artistas