31 julio 2019

LLUMM (Alfredo Costa Monteiro e Ferran Fages)



llumm

Xoves 1 de agosto ás 20.30

Dámoslle a benvida a agosto con dous dos improvisadores máis interesantes, intelixentes e creativos: Alfredo Costa Monteiro e Ferrán Fagés, que veñen presentar a nova historia na que andan metidos: LLUMM

Alfredo Costa Monteiro é un artista e poeta sonoro con longa traxectoria internacional. .
O seu traballo abrangue principalmente o son, pero tamén a poesía visual/sonora e as artes visuais. A maioría das súas obras, a miúdo de factura doméstica, están feitas de procesos inestables, de restricións conceptuais ou de sistemas formais dunha simplicidade desconcertante, nos que a manipulación de obxectos como instrumentos ou instrumentos como obxectos adquire un forte carácter fenomenolóxico.
Afeito a traballar nos extremos do son, que van dende sós acústicos para papel ata accións onde o volume adquire unha presenza literalmente física, leva creando dende 2001 diversos proxectos de música improvisada, utilizando cada vez unha instrumentación diferente, como o acordeón, a guitarra preparada, o tocadiscos, diversos dispositivos electroacústicos ou obxectos resoantes, de xeito a atribuír a estes proxectos identidades e direccións múltiples.

Ferran Fages, é un improvisador e compositor, referencia internacional na improvisación electroacústica, con numerosos discos publicados e concertos por todo o mundo.
Emprega a guitarra, obxectos resonantes, tocadiscos acústico e electrónica: «feedback mixing board», pastillas e osciladores
Colaborou con músicos como Christine Abdelnour, Sophie Agnel, Núria Andorrà, Derek Bailey, Pascal Battus, Tom Chant, David Chiesa, Albert Cirera, Sébastien Cirotteau, Angharad Davies, Rhodri Davies, Michel Doneda, Axel Dörner, Lluïsa Espigolé, Agustí Fernández, Jean-Philippe Gross, Will Guthrie, Robin Hayward, Barbara Held, Jason Kahn, Martin Küchen,Eduard Márquez, Wade Matthews, Mattin, Manuel Mota, Ivan Palacky, Ramon Prats, Eddie Prévost, Pablo Rega, Àlex Reviriego, Ernesto Rodrigues, Alejandro Rojas-Marcos, Ivo Sans, Joan Saura, Pilar Subirà, Vasco Trilla, Birgit Ulher, Taku Unami, Nikos Velliotis, Dafne Vicente-Sandoval, Mark Wastell, Christopher Williams and Ingar Zach entre moitos outros.
Tamén coas compañías de danza contemporánea:Olga Mesa (1999), Lanónima Imperial (2003-2004), Carme Torrent (1999-2005), Ktonycia (2007), Constanza Brncic (2008-2009) and Merce Cunningham Dance Company (2009).
Ten interpretado as seguintes pezas: Guitar two, for four, de Phill Niblock (2004); Cobra, de John Zorn (2006); Meditations for Orchestra, de Pauline Oliveiros (2007); Guitar Trio, by Rysh Chatham (2007); Trio I from Trios WHITE ON WHITE, de Robert Ashley (2008); Poem 1960, de La Monte Young (2008); Diferencias familiares sobre las cuerdas, de Christopher Williams (2009); Little by Little, de Sam Sfirri (2011), de Cartridge Music, de John Cage (2012).
http://www.ferranfages.net/

Non perdas esta marabilla por un donativo entre 5 e 8 € destinado integramente aos músicos.

Vémonos no Liceo!