4 septiembre 2018

Los Manises + Boyanka Kostova



40597881_2084190341593833_481365619409682432_n

Venres 7 de setembro ás 20.30

O venres teremos no Liceo aos Manises, dúo elástico e de Elche que ora pensan, ora bailan. Ora simple, ora complexo. Sospeitosos habituais dos mundos de enxeñería fantástica dos Za! ou dos diola, estarán no Liceo por primeira vez para montar o carrusel do flow levantino.

E con eles tocarán os Boyanka Kostova. Reincidentes no Liceo e pioneiros do trap galego e en galego, os Boyanka tirarán rimas e ritmos compactos e contundentes para continuar sementando na leira da música urbana e contemporánea da terriña.

Toda esta fantasía e sabrosura a cambio dun donativo para as bandas, a escoller entre 5 e 10€, para que podan seguir a rockear in the free world.