10 octubre 2012

Los televisores + Os Gru no Liceo!!



Xoves 11 ás 21:00

Chamando a tódolos mutantes do mundo! Este xoves HAI FESTA no Liceo.

Los Televisores traen o seu punkpop desenfadado ao noso local para facernos mover o cuíño a base de melodías e ritmos bailóns.

http://televisores.bandcamp.com/

Serán acompañados para redondear a festa faltriqueira cos Gru, xente misteriosa e pegadiza onde os haxa.http://osgru.blogspot.com.es/
http://soundcloud.com/os-gru

A tope! Só cun donativo de 3 euros que se vai directo ós petos da banda para pagar os seus gastos, nada de vicios.

Se chegas tarde un día destes perdes o comezo!

Socios Mutantes gratis.
E para todos os socios en xeral, non olvidedes o voso carnet! E para os que vindes por primeira vez, asociarte levará soamente un momentiño e é gratuito.