Clases de 1 hora de duración nas que as fisioterapeutas Raquel Martínez Cordeiro e María Álvarez Fernández darán unha Master Class de iniciación ó Pilates así coma exercicios de estiramentos globais e relaxación (para calmar os espíritos inquedos de tódolos mutantes).
O material necesario para as clases:
1. Unha esterilla por persoa
2. Roupa cómoda (de deporte, con calcetíns gordiños e algo de abrigo para a relaxación que nos axude a soportar as extremas temperaturas do noso amado local social)
3. Puntualidade
Será repartido en dúas sesións co módico prezo de 5 € cada unha. Se a alguén lle sobra algunha esterilla pola casa estaría ben que a trouxera por se a necesitara outra persoa.
22 octubre 2012