2 octubre 2017

Màgia Roja presenta: Futuro de Hierro + Jaco + Zozobra



amagia

Mércores 4 de outubro ás 20.30, Mágia roja presenta: Futuro de Hierro + Jaco + Zozobra

Màgia Roja leva tempo poñendo patas arriba o subsolo barcelonés. Esta asociación cultural organiza concertos, xiras, conferencias e obradoiros, saca discos e autoxestionan un espazo de liberdade creativa.
https://www.facebook.com/magiarojabcn/
Para coñecelos mellor saen de xira con tres dos seus proxectos: Futuro de Hierro, Zozobra e Jaco

Futuro de Hierro:
Víktor Lux Crux é unha figura clave na vibrante escena post-industrial barcelonesa como músico, produtor, dj, promotor e co-fundador do selo Màgia Roja. Realizou 150 concertos no estranxeiro xirando por Europa e Estados Unidos con Futuro de Hierro e bandas previas como Ordre Etern e Qa?a. Colaborador de Jochen Arbeit (Einstürzende Neubauten), Nurse With Wound e Gnod entre outros.
Con Futuro de Hierro mestura o legado de Esplendor Geométrico e Throbbing Gristle co peso de Swans ou os primerísimos Laibach e transcende o nihilismo do xénero creando unha cosmogonía de cancións onde o persoal, o esotérico, o presente e futuro mestúranse. Os seus shows en directo son viscerais e enerxéticos, cun enfoque artesanal da música electrónica, cun control único de axustes rítmicos, dinámicas e ruído. Presentará o seu último LP “Un Paso en el vacío” co-editado por Màgia Roja e Opal Tapes a principios de 2017.
https://futurodehierro.bandcamp.com/releases

Jaco: Un dos artistas máis inquedos de Barcelona e que non parou de crecer nos dous últimos anos. Jaco combina o frío do postpunk e o industrial cos graves quentes do hip hop e a bass music. Armado dos seus coitelos, pezas de metal e caixas de ritmos e samplers constrúe un transfondo musical minimalista pero profundo para as súas letras enigmáticas, feitas de referencias e memorias que se mesturan de forma onírica creando unha atmosfera única.
https://jacoad.bandcamp.com/releases

Zozobra: Un iconoclasta dentro da escena post-industrial. A súa voz artística é única: vulnerable e brutal ao mesmo tempo, os seus temas son, no fondo, clásicos: amor, identidade, relacións. Tomando como influencias Coil e Nurse With Wound, samplea en directo as fontes de son máis insospeitadas de forma inadvertida para pasar a manipular as capas resultantes a través de efectos que serven como transfondo para as súas letras onde explora as súas verdades máis incomodas ata as últimas consecuencias.
https://magiaroja-zozobra.bandcamp.com/album/zozobra-s-t

Coma sempre, pedírase unha axuda entre 5 e 8 € destinada integramente aos músicos