Chegou a hora de que Telephones Rouges presenten o seu primeiro LP «Disenso» en directo. Será nun dos lugares favoritos do grupo, o Liceo Mutante de Pontevedra, onde sempre tan bo ambiente se respira.
«Disenso» está editado polos selo catalán Mama Vynila Records e polo selo galego Matapadre. O pasado 15 de outubro publicouse o disco vía bandcamp para a súa escoita, e de momento ten unha recepción bastante positiva. O grupo está moi contento co resultado da produción, xa que reflicte a esencia do son do gr
Neste concerto poderase adquirir por primeira vez na man a edición en vinilo de «Disenso», cun precioso artwork realizado pola artista viguesa Begoña García.
A súa música é unha humilde forma de rebelión sonora nos tempos crudos que corren. Precísase máis que nunca de manifestacións artísticas contestatarias de todo tipo.
Animamos a que acudades a este concerto, que terá o asequible prezo de 4 €. Sabemos que é a hora de cear, pero no Liceo dan cea barata, ademais de bebida barata, así q o bolsillo non invita a ser unha excusa 😀
Tocará tamén o Sr.Anido. A súa peculiar forma de facer música el só con loops e letras delirantes xa é ben coñecida no público galego. Non deixa indiferente á audiencia nos seus concertos. O seu universo particular sempre trae novas sorpresas coa evolución do seu repertorio.
http://sranido.bandcamp.com/album/sr-anido-16
ATENTOS, haberá un espectacular MAGOSTO MUTANTE pola tarde nas horas previas ao concerto se o tempo o permite