10 junio 2018

Maja Osojnik e Matija Schellander



maja_by_andreas_kral

Sábado 16 de xuño ás 21.00

A primavera esfarela nas mans e non sabemos se iso é bo ou malo pero sí sabemos que no Liceo temos unha concerto especial: a gran Maja Osojnik!!!
A inesgotable artista eslovena residente en Austria vén presentar as súas cancións, un striptease antropolóxico que camiña entre chansons distópicas e mantras primordiais, música concreta maxistral e atemporal.
Lemos cousas como estas: “Maja canta de xeito inquietante, afectando profundamente as cancións convertíndoas nunha tormenta eléctrica, empregando calquera cousa que teña arredor: sons de vellas radios, gravadoras de cassette, reprodutores de cds, tubos ou pianos abandonados. Empurra estas criaturas ata convertilas en salvaxes alieníxenas, fervendo cos desexos propios.
Cada superficie ten o seu propio gran, cada drone profundo flutúa e respira. Por riba de todo,a voz imbuída de anhelo, xustamente rabuda, como a punto de estallar fóra da gravación para gruñir directamente no oído do oínte. Música urxente, chea de ideas”
Maja Osonik é cantante, compositora, improvisadora electroacústica, artista sonora e produtora; empregando principalmente a súa voz, petzold bass recorders, gravacións de campo propias, dj-cd, cintas e outros cacharros lo-fi, xoguetes, refugallo e obxectos atopados. Expande, reconstrúe ou reinterpreta o espectro tonal destes para atribuírlle novas funcións.
Nas súas composicións combina o amor pola cancións simples, a experimentación electroacústica abstracta, a música antiga e clásica contemporánea, así como elementos e formas do noise e do rock.
O real, o surreal, a fraxilidade, o destrutivo ,o abismal e as pantasmas escuras están aí pero tamén a beleza, a elegancia a forza son motores da creación musical de Maja.
Compón música para danza, teatro, filme, pezas de radio, instalacións e para varios ensembles e orquestras. Para as súas actuacións constrúe os seus propios bancos de sons como por exemplo, o chamado “Rejects” – unha biblioteca de sons destruídos involuntariamente, erros, ruído que ocorreron nas propias gravacións ou “pianos rotos” – unha colección dos sons de pianos desafinados.
Estas actuacións están cargadas de forza e enerxía, dunha gran intensidade.

maja osojnik

MUSIC


https://letthem.bandcamp.com/

Atención! temos a sorte de ter tamén ao gran Matija Schellander facendo un solo antes que Maja. Que ben, imos flipar!!!!

Precisamos unha axudiña de entre 5 e 8 € para axudir a cubrir os gastos dos músicos.

O concerto comezará á volta da Marcha a Ence, porque a ría é nosa e non da Celulosa!!!!

A foto é de Andreas Kral