15 mayo 2018

Malandrómeda e vietcong



malandromeda
vietcong (Liceo Mutante, 2017)

Sábado 19 de xuño ás 20.30

Malandrómeda levan máis dunha década facendo o que lles peta, e o que lles peta é a ostia, non imos andar con medias tintas.
No 2016 romperon a baralla publicando dous LPs e arrasaron con todo, natural.
Mudando constantemente a pel das cancións, obviando o camiño doado, fannos bailar co seu rap atravesado por todo o importante da vida. As texturas electrónicas xogan cos ritmos de latitudes meridionais e os baixos bouran a tope. Meneamos os miolos e os pes non paran quietos, Hevi lévanos, sempre para adiante e acabamos todos no chan, felices.
Malandrómeda non paran e pronto sacarán á luz algún novo material co que sorprenderán unha vez máis.
Este sábado 19 veñen á súa casa, a facela saltar polos aires
https://matapadre.bandcamp.com/album/cada-can-que-lamba-o-seu-carallo
https://matapadre.bandcamp.com/album/os-corenta-e-oito-nomes-do-inimigo

vietcong

vietcong son palabras a bater contra o ruído. Non é un decorado, é o gran rexeitamento de todo o que existe. Non son poemas, son fragmentos que sobreviven. É revolverse dentro do corazón morto. Non é música, é algo infectado. Unha estratexia contra a aceptación. É fogo, é o brado.

***
Daniel Salgado, Alexandre Losada, Luis Garrido

Pedírase unha axuda entre 5 e 8 €, destinada intergramente aos músicos.