22 octubre 2012

Mano de Obra + Primrose!!



Venres 26 de outubro ás 21:00

Na nosa robótica e apocalíptica conciencia do ano da fin do mundo, sabiamos que Mano de Obra habían de voltar ao Liceo, pero quedaba concretar a data. Tiñamos a imaxe dos tres mensaxeiros do futuro envestidos na súa roupa de traballo, deleitándonos coa súa doce cantinela mecánica, ferramenta do pop retorcido e sufocante, pero faltaba poñer unha cita e acudir en masa.
Agora xa podemos facelo porque vannos vir visitar o próximo 26 de outubro no Liceo.
Escoita a súa palabra:
http://manodeobra.bandcamp.com/
http://www.myspace.com/manosdeobra
Farano acompañados polos tamén coruñentos Primrose, dirixidos e ensamblados por Roberto Casteleiro (Koroiev), para completar unha velada inesquecible.
http://primrose.bandcamp.com/
Isto por catro euros de merda de donativo, para sufragar a viaxe supersónica das bandas e que poidan tocar para ti, gratis para mutantes.
Ás 21.00 según a hora oficial e polo tanto á que empeza o concerto.