Liceo Mutante

Rosalía de Castro nº 100, Pontevedra

Manu Louis + Segunda Persona

ml

Xoves 26 de xaneiro ás 20.30

Como describir a música do belga Manu Louis? Como facelo illándoo do resto da súa chorreante expresión artística? Imaxina a Lou Reed de subidón manexando algún programa noxento de edición dixital. Imaxina a Andy Warhol sampleando trompetas e trombóns, a Bertold Bretch glitcheando, a David Byrne volvendo a ser xoven no CBGB e descubrindo o Fruityloops. Non por casualidade Manu Lois publica co selo berlinés New Pangea e non por casualidade as súas cancións tratan sobre facer cancións, sobre bailar cancións, sobre relacionar artes e emocións, pose artística, razón e sentimento. E todo isto a ritmo, que é a base da súa comunicación: bailar e pensar e o que che toca – ben o saben as mutantes que acudiron á súa anterior visita.

https://louislouis.bandcamp.com/
http://www.louislouis.org/
https://www.facebook.com/louislouis.org

Ao tipo que toca a guitarra e canta en Segunda Persona cremos que o coñeces ben: trátase de Jose Guerrero de tan vellos e belos coñecidos coma Betunizer, Cuello e JupiterLion. Se pensabas que esas tres tarefas e a súa espléndida distribuidora Mascarpone Discos non lle deixaban tempo para o seu traballo en solitario, estabas equivocada. Aquí Jose deléitase e deléitanos montado sobre unhas cancións limpias de distorsión e sucias de contido, uns Pixies acústico-punkis con mala baba. Que onda?
https://segundapersona.bandcamp.com/releases

Visitaza de dous anarcopunkarras do século XXI que apuntan moi moi alto, por entre 5 e 8€, ao gusto e vontade, para encher eses depósitos. Incalculable a túa ganga!!!

Guardar