Venres 10 de maio ás 20.30
Volve o noso amigo Manu Louis ao Liceo!
Se xa o viches, repetirás; se non, vas flipar.
Manu Louis vai armar a festa que te mereces.
Manu Louis é belga, vive en Berlín e escapa do inverno en España. Viaxa cun pequeno campamento de instrumentos electrónicos e proxeccións de vídeo de estrelas do pop ou animais para ofrecer actuacións apaixonadas que eventualmente cambian de tema nunha discoteca improvisada que fai que o público baile sen parar.
O mesmo compón para orquestras enormes que incendia a pista de baile como chansonnier electrónico. No universo de Manu Louis non hai fronteiras, só goce.
Vén presentar o seu novo disco Cream Parade, un paseo desorientado guiado por sintetizadores.
Ven mergullarte no mundo de Manu, onde a vangarda é popular e divertida!
Axúdanos con donativo entre 5 e 10 € para que poidan seguir pasando cousas.