Venres 1 de novembro ás 20.30
Noitiña de danza e música improvisadas para este venres no Liceo.
Marie Cambois é unha bailarina de Nancy (Francia) cun radical punto de vista. Sendo mesmo o movemento o que apaixona a Marie, isto nunca monopoliza toda a súa atención cando ela se achega a un traballo coreográfico. Partisana da acción bailada máis que do movemento puro, ela comparte hoxe o seu traballo con outras formas de expresión como o teatro, a música improvisada, as artes visuais ou o vídeo.
Do ano 2000 ao 2007 ela crea a súa propia compañía en Nancy e desenvolve varios proxectos onde a danza, os textos e a música van xuntos. Durante este período, ela desenvolve un peculiar baile enérxico imbuído de xestos teatrais. A partir de aquí cada vez máis, a improvisación vén tomar unha parte principal do seu traballo.
En 2007 deixa de dirixir proxectos, amplía a súa práctica cara á interpretación e o asesoramento coreográfico para o teatro, focalizamdo a súa investigación na improvisación libre na danza, en cooperación estreita con músicos.
No 2009 crea Même pas morts! para o Centro Nacional Coreográfico de Lorraine.
Dende 2008, desenvolve un proxecto coreográfico a longo prazo co músico Jean-Philippe Gross -We killed a Cheerleader- pezas para bailarins e altofalantes.
En 2013, xunto con varios artistas crea La Distillerie Collective, un grupo colectivo de creación interdisciplinaria
Hoxe, ela xunta estas moitas experiencias dentro de proxectos coreográficos onde as palabras, a improvisación e sons aínda coexisten, pero nunha investigación estética refinada.
Algúns dos seus colaboradores: O. Paquotte, M. Teatrault, Jean Philippe Gross ou Super J-F Plomb
http://marie.cambois.perso.sfr.fr/Site/+++.html
David Chiesa vive en Burdeos e xeralmente practica a improvisación co contrabaixo. Aquí a música está nunha relación directa de tempo e de espazo, pero non subliña as accións bailadas senón que ofrece un envoltorio móbil de alento aos movementos.
Enfocado principalmente cara a improvisación dende 1997 David explora a relación con outras prácticas artíticas como a danza, a poesía ou os filmes experimentais.
Debido ao seu interese na realidade como material para traballar, atopou ao colectivo Ouie/Dire (Marc Pichelin, Jean Pallandre, Laurent Sassi, Xavier Charles, Isabelle Duthoit, Kristoff Guez) con quen desenvolve ligazóns entre a improvisación «musical» e a fonografía.
Como improvisador ten xirado por todo o mundo e creou colaboracións estables no tempo con músicos como Jean Luc Guionnet, Michel Doneda, Xavier Charles ou Isabelle Duthoit. Ademais é cofundador de Le Clou, unha asociación baseada en Dordogne que procura repensar, promover e diseminar as prácticas da improvisación.
http://david.chiesa.free.fr/
Pedírase unha axuda de só 4 € para cubrir os gastos dos artistas.