21 febrero 2020

Marinita y sus maromas presentan: La búsqueda del tesoro travesti



titro

Venres 21 de febreiro ás 20:30

Chega ao Liceo Mutante un dos shows de Marinita y sus Maromas, un grupo que vén cargado de comedia e que performa desde un ton queer.

Nesta ocasión traen nas súas carnes «La búsqueda del tesoro travesti», unha comedia de enredo «disparatada, onde se mesturan o teatro, o striptease, o baile, os números drag, cancións en directo e moito máis»

O argumento desta nova entrega é o seguinte:
«Marinita auséntase do musichall para mercar faixas reductoras no mercadillo, deixando os seus empregados, Leo Fever, Roberta e Nico, sen vixiancia limpando o local.
Un extraño aroma a gas natural alerta a Nico sobre unha posíbel fuga e para arranxalo conta cun plano da instalación.
Mentres, afogadas polo tedio da limpeza xeral e no seu afán por roubarlle a Marinita as súas riquezas, Leo Fever e Roberta están convencidas de que o plano é un mapa que podería levalas cara o escondite dos bens da súa xefa.»

Atréveste a embarcar na procura do tesouro travesti?

Coma sempre, abrimos portas as 20:30 e pedimos un donativo íntegro para os artistas entre 5 e 10 euros.