26 noviembre 2017

Massicot + Holky



massicot

Luns 4 de decembro ás 20.30

Wow, temos a sorte de recibir a unha das nosas bandas favoritas, Massicot!! e ademais para completar á tardiña temos o debut dunha nova banda nacida no Liceo, Holky.

De procedencias diversas mais radicadas en Suíza, as Massicot veñen redifinir o achegamento á música. Como se esta non puidese manter baixo control a súa desbordante enerxía. As súas cancións son meros esqueletes que explotan con intensidade. Paisaxes hipnoticamente repetitivos e ruidosos estoupidos mentres os ritmos oscilan entre o post-punk, o kraut, a música tropical ou unha deconstrucción do funk.
O resutado é dunha audacia xubilosa, singularmente comunicativa. Nalgures entre o ruído dos primeiros Sonic Youth, as improvisación extáticas de The Ex e os contrapés instintivos do Captain Beefheart, mais sempre cun aire tropical e gozoso
http://massicot.eu/
https://massicot.bandcamp.com/


Abrindo a noite estarán debutando as Holky, unha guitarra e unha batería. Estruturas que se rompen atravesadas pola improvisación, ritmos esnaquizados. A enerxía como guía no proceso de aprendizaxe. Os medios son as fins. Sempre marchando.

Un luns perfecto para esquecer que a roda das facturas e as oficinas volveu a xirar. Participa na resistencia do Liceo en Rosalía de Castro, 100, dona entre 5 e 8€ para as artistas, vive, vente.