5 junio 2017

Matinée de Swing On: The Salty Dog Jazz Band



jazz

Sábado 10 de xuño ás 12.00

The Salty Dog Jazz Band é unha banda de swing que nace como colaboración coa escola de baile Swing On School, que cada vez cun maior número de alumnos, afrontou a súa necesidade por ter maís oportunidades de bailar con música en directo chamando a estes cracks do jazz galego para para propoñerlles este proxecto.

A banda responde, e con creces, a esta necesidade, ofrecendo algúns dos estándares de swing dos anos 30 e 40 máis bailables, e executados con gran calidade e moita gracia. Para este evento virán cunha formación especial, que por primeira vez inclúe un teclado que se engade á batería, contrabaixo e trompeta, o que lle dará un toque diferente ao que estamos acostumadxs a escoitar aquelxs que xa tivemos a sorte de oílos e bailalos. Todo un luxo para os teus oídos e os teus pés!

A banda está formada por:

Iago Fernández: batería
Alex Touceda: contrabaixo
Xan Campos: teclado
Javier Pereiro ‘GDJazz’: trompeta

Swing On DJs

Cun repertorio enormemente variado que vai dende o Hot Jazz e o Dixie máis clásico de Nova Orleans, ata as míticas Big Bangs neoiorquinas da era do swing, pasando por clasicazos do rhythm&blues, ou algunhas bandas actuais que recrean o son da época…

Nesta ocasión Andrea e Jose (profesores de lindy hop no Liceo Mutante), xunto a Jorge, o membro máis antigo de Swing On DJs, ofrecerannos unha selección swingueira e blueseira que te levará da man ao Harlem dos anos 30, ou que coas mesmas, te porá a facer pogoswing… Nunca se sabe!

Unha sesión única de bo mediodía por só 3€ de donativo para xs implicadxs. Carallo como bailas!