No Liceo Mutante hai un xardín.
Xa sabes que nós desenvolvemos a maioría das nosas actividades dentro do local pero, coma un panorama fantástico para a comunicación, o xardín é oínte das nosas conversas, plans, asembleas, obradoiros e banquetes.
Despois de dous anos de traballo incansable dos responsables da Comisión de Xardinería cremos que xa vai sendo hora de facerlle unha pequena homenaxe e ofrecerlle un chisquiño de música.
Tranquilamente imos sacar de vez en cando a algúns artistas para que lle fagan esa dedicatoria a un xardín que está mais bonito que nunca.
Os primeiros elixidos van ser dous artistas de moi preto.
Marrones Burócratas é unha lixeiramente misteriosa formación de pop experimental. Co reto de publicar un disco por ano dende a súa formación, esta rotativa agrupación de músicos dará ademais o seu único concerto do 2013 no Liceo.
https://www.facebook.com/marronesburocratas
http://marronesburocratas.bandcamp.com/
http://lehadjuksplit.bandcamp.com/album/le-hajduk-split
Os vigueres Pálida móvense en terreos pantanosos, augas revoltas onde colisionan os hipnóticos efluvios de Fuck Button e The Field co big beat de Chemical Brothers e carga vocal de Deerhunter. Proxecto se paredes nin definición, Pálida utiliza o misterio coma a súa principal virtude á hora de conxugar trance, drone e música de baile nun cocktail hermético e accesible a partes iguais.
http://palida.bandcamp.com/
Ademais para que o evento sexa redondo ofrecemos coa entrada-donativo unha degustación de aperitivos, algúns con materia prima da propia horta do Liceo.
Só por tres euriños, poderás desfrutar dun acontecemento único que pinta coma un bonitiño punto de partida.
Ven ao Xardín!