16 agosto 2018

Mazmorra e Galope Mestizo



amaz

Venres 17 de agosto ás 20.30: Mazmorra + Galope Mestizo

Despois da voráxine do aniversario no Liceo Mutante seguimos programando cousiñas aproveitando a calor e a pausa característicos do agosto.

Mazmorra son un trío que saúda dende Bilbao e propoñen viaxes electrónicos a través de paisaxes descoñecidos, agrestes e amables por igual. Baile introspectivo, aromas a selva e visións febrís de carácter ocultista.

Galope Mestizo veñen dende Compostela formada por xente de Puma Pumku e Bulto entre outros proxectos. Desta vez sorprenden con un pop de tendencia viaxeira, moi orgánico e de inspiración hipnótica.

Coma sempre se pedirá un donativo optativo entre 5 e 10 €, lembrade que tamén teremos cea e demais.