
Sábado 29 de xuño ás 20.30
Chega o verán e no Liceo témolo cheo de cousas bonicas.
Comezamos con este dúo de Manchester que vén deixarnos boquiabertas e patidifusas.
Sam Andreae encárgase do saxofón, obxectos e dispositivos electrónicos. Rodrigo Constazo toma o mando da percusión e de instrumentos feitos por el mesmo tanto analóxicos como dixitais.
Neste proxecto traballan dentro de pequena estruturas compositivas que desafían o seu comportamento e o seu enfoque para improvisar xuntos. Estas pequenas estruturas poderían ser definidas como «battle pieces»
Actualmente Rodrigo vive no Porto e Sam en Manchester e este encontro no Liceo vai ser a primeira vez que volten tocar xuntos despois duns cantos anos.
Ai que ganiñas!
http://www.rodrigoconstanzo.com/
http://samandreae.com/about/
Vén gozar destes musicazos por unha axudiña entre 5 e 8 € para cubrir gastos dos músicos