Din dende a Metamovida:
Imos pasar polo Liceo nun dos concertos de presentación do noso micromacrofestival, e será moi pronto, que digo pronto, será en nada, será XA MESMO, o sábado 30 de novembro.
En representación da Meta irán Durarara, os peores mozos ben ao sur de Pontecaldelas. Non vos deixedes seducir pola súa cara bonita e o seu extremo saber facer entre british e power, esa clase que pisa ambos extremos do Atlántico (sempre o mar, nunca o diario). En realidade son moi mala xente que é capaz de enterrar os seus incribles estribillos baixo capas e capas de ruído. Heroes!
Acaban de publicar a súa primeira referencia: http://durarara.bandcamp.com/
E tráense aos seus coleguillas, ademais, de Jay. Cousa fina desde Vigo, que o mesmo che fan unha de shoegaze escuro que unha tipo himno da nación do futuro mutante. Formación mutante e de xente nova, en verdade xa camiño da decrepitude pero sempre a lume de biqueira: Seara Records e Discos Humeantes da manciña para regalarche unha boa cesta de merda sonora de primeira calidade.
Alguén dá máis?
Isto só por cinco euriños/euretes de donativo ou gratis para socios do Liceo Mutante ao estilo da casa. Vente!