16 julio 2012

Metralletas Lecheras no Liceo Mutante



Hai tantos motivos para a celebración colectiva do que vai ser este concerto que non sabemos por onde empezar.

Porque lle puxeron banda sonora ao vídeo da Inauguración do Liceo (http://www.youtube.com/watch?v=tWShYBZPMUk).

Porque son frescos, desenfadados e ceibes, coma as mellores bandas que pasaron pola nosa lareira.

Porque en ML tocan algúns dos personaxes mais queridos no Liceo.

Porque son dun dos colectivos mais molóns e chanantes do país, o Galician Bizarre.

E porque o imos pasar de medo cantando e bailando con eles.

Unha noite de amor comunal e burguers mutantes por só 3 euriños ou 10 con disco (todo para a banda, recorda, para pagar a gasolina).

Comezamos ás 22.00, ven insensato!