15 noviembre 2012

Michel Henritzi no Liceo Mutante!!!!!



Venres 16 de novembro ás 21.30
Despois de deixarnos coa boca aberta fai un ano no Liceo acompañanado por Rinji Fukuoka, volve visitarnos Michel Henritzi, desta vez en solitario.
O improvisador francés Michel Henritzi (guitarra e lapsteel) leva case tres décadas a explorar e deconstruír a American Primitive Music, implicado en diferentes proxectos musicais como Dustbreeders ou Howlin’ Ghost Proletarians. Colaborador de Bruce Russell,Mattin, Taku Unami, Taku Sugimoto,Toshimaru Nakamura, Hijokaidan ou a Nihilist Spasm Band e experto coñe
cedor da música nipona. Figura moi activa da experimentación sonora francesa, director dos selos A Bruit Secret e Turtle´s Dreams, así como colaborador dos magazines Revue&Corrigée e Sound Projector. Dende os anos oitenta estivo involucrado en proxectos industriais e ruidistas como NOX e Howlin’ Ghost Proletarians, nos que manipulaba guitarras e cintas magnéticas. Máis tarde, o seu traballo como músico estivo moi ligado aos intimidantes Dustbreeders, unha brutal banda baseada nas posibilidades do feedback como medio de agresión na que tan só se empregaban xiradiscos conectados a altofalantes e misturados coas posibilidades da instalación sonora e da performance. A súa actual faciana en solitario, como sempre nel moi baseada na improvisación, expresase a través da guitarra eléctrica e o lapsteel, amosándonos o seu lado máis introspectivo e melancólico. Ademáis dunha coidada utilización do silencio, a música de Michel Henritzi posúe unha moi intensa pero elegante carga emotiva, ás veces opresiva na súa descripción de paisaxes solitarios e sombríos nunha viaxe que nos leva do blues abstracto ao ruído.http://michelhenritzi.canalblog.com/
http://soundcloud.com/michel-henritzi
http://vimeo.com/33939028
http://www.dailymotion.com/video/x6fevb_michel-henritzi-kumiko-karino-walki_music
http://www.youtube.com/watch?v=omwE2Ihb_-4
http://www.youtube.com/watch?v=omwE2Ihb_-4
http://www.youtube.com/watch?v=HEY9qk16vH4Concerto imperdible por unha axuda de só 4 euros destinados integramente a cubrir os gastos de Michel.