10 septiembre 2018

Miguel A. García & Alexandre Losada



concerto con Mikel

Xoves 13 de setembro ás 20.30

Fainos moi felices recibir de novo nesta casa a Miguel A. García

Miguel A. García é un dos activistas imprescindibles no que se refire ás músicas máis mprevisibles que ocorren na península.
Incansable organizador dende o seu refuxio en Larraskito, un local autoxestionado en Bilbao, que é tanto un auditorio coma un taller de creación sonora, libre e desprexuizada.
Músico de amplísimo alcance e discografía descomunal, cuxo traballo enfócase principalmente na composición e na improvisación electroacústica. Como material básico para as súas creacións utiliza sonoridades obtidas a partir de residuos de dispositivos electricos e electrónicos, a miúdo interrelacionándose con gravacións de campo ou instrumentos acústicos, en busca dun tipo de experiencia íntima, inmersiva e intensa. Unha música de formas aventuradas e chea de contrastes, non exenta de sentido do humor, que cuestiona as fronteiras entre a “arte sonora”, a música electroacústica académica, a improvisación libre, o noise, ou a chamada música outsider.
A súa música lévao a tocar por todo o mundo adiate e a esteblecer colabracións con algúns dos músicos máis interesantes da escea da improvisación libre: Seijiro Murayama, Jean Luc Guionnet, Alfredo Costa Monteiro, Alexandre Bruck ou Ilia Belorukov, etc…

https://xedh.bandcamp.com/
https://www.facebook.com/miguelaagarcia/

Para esta nova visita de Miguel temos deseñado un programa doble: primeiro presentará unha mostra do seu traballo en solitario para seguir nun encontro a dúo con músico local Alexandre Losada.
Alexandre Losada traballa nas marxes das músicas improvisadas, empregando a súa guitarra (preparada moitas veces) coma fonte infinita de sons agochados, fráxiles. Emprega a guitarra para torturala, agarimala, retorcela e facerlle cóxegas coas súas estranas técnicas, nun proceso cheo de sutileza pero que non escapa da crudeza e da enerxía.

Vén gozar destas músicas fermosas e improvisadas por un donativo entre 5 e 8 €. Bebidas e comida a prezos populares, non quedes na casa!

Cartaz de Elena Aitzkoa