Atentas a este venres 27 ás 20.30 que temos unha boa dose de enerxía da man de Milgram e Medalla!
Medalla nacen do extrarradio barcelonés, e a súa formación nútrese de membros de The Saurs, The Zephyr Bones, Rapaza e The Stagpies. Con moi pouquiño tempo de ensaios e composición sae “Emblema y Poder”, o primeiro álbum da banda. A súa música en palabras de eles mesmo aspira a “ocupar un espazo imaxinario situado entre Judas Priest e El Columpio Asesino”, con letras cun eixo lírico inundado de épica romántica, devoción polo rock progresivo, o metal, os ritmos kraut…marabilla pura! Escoita o seu traballo!
https://medalla.bandcamp.com/album/emblema-y-poder
Milgram nacen da man dos irmáns Miguel e Javier Vera, ex-membros de grupos como New Alchemy, Lancaster e La Parade, dous irmáns que se xuntan para tocar cancións influenciadas por Brand New, Thrice, American Football, Basement…sen outra intención que pasalo ben tocando, a filosofía máis honesta na que podemos pensar! A comezos do 2016 publican un EP chamado “Pasiflora”, catro temas de marabilloso indie-rock-emo, cheo de contrastes, ás veces duro, ás veces doce, pero sempre real, escoita e desfruta!
https://milgramband.bandcamp.com/releases
Desfruta desta noite marabillosa solicitando un donativo de entre 5 e 8 euros que irá íntegro para as bandas, para que podian seguir o seu camiño cara a liberdade, no teu espazo de recreo favorito chamado Liceo Mutante, acude e participa!