5 noviembre 2014

MKT + Zangief



10346047_721152044627504_575195041016219391_n

Xoves 6 de novembro ás 20.15

MKT podería facer referencia á palabra “marketing”, máis neste caso non é así posto que MKT é o nome da banda de Zarautz (Guipúscoa) que estarán con nós o xoves 6 de Novembro. Estes vascos son fieis (coma nós) ao espírito do FTM (Faino ti mesmo). Auto editaron o seu disco debut “Leherketak zeruan” que veñen presentar por Galicia nestes días.

MKT son un trío que, cunha base potente e que xoga con melodías clásicas do post-rock, botan alaridos ao aire que fan recordar a bandas moi queridas por estar terras. Moi recomendados para fans de Lisabö ou Sacco.

Potencia, duro aí.

Aquí podes escoitar o disco: http://mktdiy.bandcamp.com/
Aquí un directo: https://www.youtube.com/watch?v=akU8Yq8otdM

Os Zangief son malhumorados, borrachos e perdedores. A súa música é coma un día de Lemmy sen whisky. Pitillo sen filtro, ruxido de motor, sangue no asfalto. ROAD RASH. Veñen de bandas xa míticas da escena coma Carcomedhi ou Buogh. Podes escoitar algo deles aquí: https://www.youtube.com/watch?v=g5UilqR8etE

Todo isto por 5€ directos para o grupo, que xa sabes que a gasofa vai cara e veñen dende lonxe. Haberá o de sempre ós prezos de sempre.
¡Apoia ás bandas, anda!