Sábado 2 de xaneiro ás 20.30
Ay dior mío,
non sei se estamos preparados para esta tremebunda combinación. Non estamos seguros de que a estructura do Liceo poida aguantar tantas revolucións, tantos bombos e caixas a toda hostia, tanto volume, tanto mal xenio.
Neste mundúsculo absurdo ó que nos reduce a postmodernidade dos cachivaches e das redes ficiticias, que alguén se suba ao escenario a reventar amplis e sudar como porquiños SEMPRE é de aplaudir.
Se non coñeces a MLK e a GylHT tes un problema pero aínda así estamos aquí para que ti mesmo te enganches ó bo camiño, así que botámosche unha man.
MLK son voltaxe e intensidade (=potencia), son carisma, son xuventude alteriada e espida, son brasa e son himno, son fender, son válvula, son estribillos inesquecibles.
Son TEMAZOS: http://www.youtube.com/watch?v=qyaQR71dxmE
Son DISCAZOS: http://theemlk.bandcamp.com/album/the-evil-in-gospel-ep
Gog y Las Hienas Telepáticas son a veteranía e a templanza, enerxía e carácter, rock sen caralladas, son marshall, o antideporte terapéutico, o saber e o saber estar, a FORZA.
Son HIMNOS: http://www.youtube.com/watch?v=L8k2pDB9cjo
Son O RIFF: http://gogylashienastelepaticas.bandcamp.com/
E tanto eles coma nós cremos na violencia rockeira pero non na sociofobia, isto regálancho por só cinco euros (integramente para as bandas, nin un céntimo para institucións, para intermediarios, para merdas).
DE GRATINA PARA SOCI@S MUTANTES.
VENTE