30 agosto 2016

Momentum



_MG_5190tilnett

Venres 2 de setembro ás 20.30

Momentum. Apenas cunha palabra queda de inmediato explicitada a filosofia deste trio vido de Noruega: a música que toca depende enteiramente do momento. É espontánea, intuitiva, crúa, ruda e tan potente, tan poderosa, canto fugaz e efémera. Ningunha actuación súa parécese a outra, a urxencia dos concertos ten sempre un carácter definitivo. Cada aparición pública parece ser a última. Mellor: parece ser a única. Jorgen Mathisen, Christian Meaas Svendsen e Andreas Wildhagen entréganse á música cunha liberdade, unha disponibilidade e un compromiso que primeiro sorprende e depois arrebata.
Mentres que a súa música baséase en parámetros universais como interacción,enerxía, texturas,xestos melódicos e rítmicos, tamén é natural vela como unha continuación da obra de figuras como John Coltrane, así como o que ocorreu na historia de improvisación europea e no free jazz.

O apaixonado tenor e soprano de Mathisen fusiónase coa longa relación que manteñen o contrabaixo e as percusións de Meaas Svendsen y Wildhagen, empurrando cara novas áreas musicais e expresivas. Ben sexa sobre ideas compositivas ou ben totalmente improvisadas, a súa música elévase e xira totalmente sobre a exploración do son e da enerxía.
Estes tres músicos constitúen unha parte moi importante da música creativa que se fai no onorte da Europa dende o inicio da década dos 2000, e algunhas das bandas das que participan pertencen xa á historia, como por exemplo Shagma, The Core, Mopti, Lana Trío ou a Large Unit de Paal Nilssen Love.

Unha oportunidade única de ver a estes tres musicazos por vez primeira no estado español por só cinco euros!


Guardar