12 abril 2012

Mongollica +Nigerstella+ Asadafasda



Mongollica, o tributo a Metallica con máis personalidade chegan dende terras ferrolanas dispostos a deixar en ridículo á banda que tributan unha vez máis. Todo o mellor dos thrashers de San Francisco sen ter que ver o infame careto de Lars Ulrich, as posturitas de Hammett ou pensar que faría Cliff Burton se pillase a Rob Trujillo por banda.

www.mongollica.com
www.myspace.com/mongollica
https://www.facebook.com/pages/Mongollica/146952312005305

Acompañando as bestas de Ferrol teremos a dous grupos locais máis que prometedores: Nigerstella cun death metal directo á xugular e Asdafasda, que ofrecen thrash roqueiro a chorros.

http://www.myspace.com/nigerstellagrupo
http://www.myspace.com/asdafasda

Toda esta reunión de culto ao metal por soamente 4 €. Iso si, o fisioterapeuta para arranxarche o pesczoo despois de tanto cabeceo xa o tes que apañar ti.